Os espertadores-lámpada de Philips incorporan base para o iPod/iPhone

venres, 31 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A tecnoloxía Wake-up Light de Philips, que busca un espertar natural para as persoas mediante unha lámpada de iluminación progresiva á hora programada para simular o amencer á vez que pode reproducir sons predefinidos (coma paxaros no bosque, a xungla ou un lixeiro pitido), actualízase e agora o espertador modelo HF3490 incorpora unha base para iPod/iPhone, de xeito que serve para base para o noso reprodutor multimedia.
Estes esperadores xa contaban con radio FM integrada en varios modelos (como o mencionado) pero coa base para o iPod/iPhone non só poderá cargar o reprodutor multimedia, senón que tamén poderá reproducir o tema musical da nosa elección subindo progresivamente o seu volume (como tamén fai coa intensidade de luz da lámpada) o que permite un espertar lixeiro e agradables, como alternativa aos sobresaltos dos espertadores tradicionais.
A Philips Wake-up Light HF3490 sairá á venda nas vindeira semanas por 189,95 euros.

PUBLICIDADE