Os creadores de Among Us cancelan a súa secuela para mellorar o xogo orixinal
xoves, 24 de setembro do 2020
Durante o verán houbo dous xogos que convertéronse en todo
un fenómeno, Fall Guys e Among Us, sendo especialmente
salientable o segundo, por ser un tÃtulo lanzado
en agosto de 2018, e que nas últimas semanas púxose de moda grazas a que
numerosos streamers fixeron ver o divertido que podÃa ser esta produción
independente.
AÃnda que inicialmente o éxito de Among Us levou a que Innersloth
anunciase a súa secuela, Among Us 2, novo xogo que pretendÃa solucionar
as limitacións da primeira entrega (que non se deseñou para o éxito que está a
ter), pero finalmente decidiron mudar de idea e cancelar
a secuela para esforzarse en mellorar o xogo orixinal, ou sexa, que o
contido que prevÃan incorporar a Among Us 2 chegará a Among Us, o
que suporá un esforzo bastante grande, xa que teñen que reconstruÃr partes do
núcleo do xogo.
Os desenvolvedores de Among Us decidiron seguir a opción máis complexa, aproveitando
asà a grande base de usuarios que están a congregar (actualmente teñen entre 70
e 110 mil usuarios por hora) e incluso incrementándoa con melloras nos servidores,
soporte para daltónicos, un sistema de contas de usuarios con xestión de amigos
e incluso un novo escenario para o xogo.