Os clientes de Digi quedan varias horas sen poder realizar chamadas dende o móbil
xoves, 31 de agosto do 2023
Digi, o operador
de telecomunicacións que está a presumir de ter recibido máis de 266.200
portabilidades durante os meses de xuño, xullo e agosto, non está a rematar o
mes con bo pé, xa que esta tarde experimentou
unha caÃda na súa rede móbil que deixou a boa parte dos seus clientes sen a
posibilidade de realizar chamadas.
Durante varias horas os clientes algúns clientes quedaron totalmente
incomunicados, mentres que outros usuarios tiñan problemas para establecer
chamadas con algúns números en concreto, pero en calquera caso foi unha
incidencia de grande alcance e longa duración (unhas 6 horas), que provocou un
grande descontento por parte dos usuarios e da falta de resposta por parte do
servizo de atención ao cliente.
Cómpre lembrar que Digi padeceu outra incidencia importante o pasado dÃa 4, polo
que pode dar a impresión de que a compañÃa está a ter problemas para operar
correctamente co ritmo de crecemento actual.