Os camiños do éxito tecnolóxico, polo miúdo hoxe na Coruña

xoves, 14 de decembro do 2017 Redacción

Hoxe, a partir das 18.00 horas, o Centro de Empresas ACCEDE Papagaio vai acoller unha xornada dirixida a mostrar os recursos que configuran unha posíbel aposta segura en materia de iniciativas tecnolóxicas e innovadoras, tanto dende o punto de vista dos negocios como no que atinxe á cultura ou ao activismo contra a brecha dixital de xénero. A xornada Experiencias dixitais que triunfan terá unha duración de tres horas e irá encamiñada, principalmente, a persoas, empresas e colectivos interesados en como tirar o máximo proveito das novas tecnoloxías para termos a máxima repercusión empresarial ou social.
A xornada, na que participan empresarias do sector dixital e tecnolóxico amosando casos de éxito (un total de tres), vén da man da Concello da Coruña e insírese no convenio asinado entre a Administración local e a Deputación provincial. A maiores, a cita incluirá unha mesa redonda centrada na fenda dixital existente entre boa parte da poboación feminina actual e o ámbito das novas tecnoloxías.

PUBLICIDADE