Os cambios nas normas de WhatsApp non afectarán aos cidadáns europeos

xoves, 7 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Os usuarios de WhatsApp están a recibir unha notificación na que dáse conta do cambio nas condicións do servizo, que entrarán en vigor a partir do 8 de febreiro de 2021 e que, de non aceptarse impediría o uso de WhatsApp no futuro.
A actualización das condicións de uso da aplicación afectan principalmente ao tratamento de datos persoais e no xeito no que as empresas poden empregar os servizos de Facebook para administrar as súas conversas en WhatsApp, ou sexa, que semella unha adaptación para permitir que nos vindeiros meses WhatsApp poidan integrarse máis en Facebook.
Aínda que este cambio de política de WhatsApp poida resultar preocupante, nas propias condicións que se aceptan indícase expresamente que os cambios afectan a cidadáns que non vivan na Unión Europea, xa que o Regulamento Xeral de Protección de Datos que temos en vigor impide o intercambio de datos persoais que pretende WhatsApp, mentres que para o resto do mundo Facebook poderá captar información de WhatsApp, contradicindo as declaracións de Mark Zuckerberg cando solicitou a autorización para adquirir WhatsApp.

PUBLICIDADE