Os auriculares Pixel Buds renóvanse baixando considerablemente de prezo
xoves, 3 de xuño do 2021
Hai preto dun ano Google puxo á venda en España os seus
auriculares Pixel Buds a un prezo de 199 euros, e desta volta, en vez de evolucionar
o produto para ofrecer novas prestacións optaron por achegase ao público axustando
o prezo, de xeito que en breve poderemos facernos cuns Google Pixel
Buds A-Series por 99 euros en cor branca ou en cor musgo.
Estes auriculares sen fÃos no só prometen a mesma calidade de son que os seus
predecesores, senón que tamén inclúen prestacións avanzadas como o uso do
Asistente de Google mediante a voz e a posibilidade de realizar traducións de
conversas en tempo real directamente cos auriculares.
Os Pixel Buds A-Series tamén conta con axuste automático do volume en función
do ruÃdo ambiental, conta con micrófonos que céntranse na voz do usuario para
ofrecer chamadas cunha voz nÃtida, o seu axuste ao ouvido adáptase ben a numerosas
formas de ouvido e incluso conta con orificios de ventilación para reducir a
presión, e incluso son resistentes á suor e á auga, para poder empregalos con
tranquilidade na práctica deportiva e na rúa.
Neste momento a tenda en liña de Google permite unirse á lista de agarda para
facerse cun destes auriculares en canto estean dispoñibles, sendo unha opción
moi interesante para usuarios de móbiles Android.