Os auriculares Beats Fit Pro incorporan cancelación de ruÃdo activa
martes, 2 de novembro do 2021
- O deseño dos novos auriculares facilita unha boa suxeición durante a práctica deportiva
Beats, a marca de Apple, presentou os novos auriculares sen
fÃos Beats Fit Pro,
que sairán á venda o 5 de novembro nos EE.UU. a un prezo de 199,99 dólares e
que chegarán a Europa a primeiros de 2022.
Estes auriculares, dispoñibles en 4
cores distintas, están pensados para o uso no dÃa a dÃa e na práctica
deportiva, xa que contan cun deseño que se suxeita con firmeza ao pavillón
auditivo e tamén conta con resistencia a auga IPX4.
Pero o máis rechamante destes auriculares Beats é que están equipados co procesador
Apple H1 (de xeito que compórtanse do mesmo xeito que os AirPods en combinación
co iPhone) e inclúen tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo, modo transparencia, Adaptive
EQ e audio espacial con seguimento de cabeza, polo que serÃan o equivalente aos
AirPods Pro (que custan 249,99 dólares), aÃnda que máis económicos, co único
compromiso de non poder cargar o seu estoxo sen fÃos.
Estes novos auriculares tamén incorporan sensores de detección de pel, de xeito
que reproducen ou pausan a reprodución de contidos cando os poñemos ou
quitamos, de xeito que non se activarÃan cando, por exemplo, os gardemos no
peto.
A súa autonomÃa é de 6 horas de reprodución por auricular, que poden ampliarse
outras 21 horas grazas ao seu estoxo de carga. Tamén contan con carga rápida,
de xeito que en só 5 minutos conseguen autonomÃa para 1 hora.
- Os Beats Fit Pro venderanse en 4 cores distintas
VÃdeo promocional dos Beats Fit Pro