Os altofalantes WONDERBOOM 3 presumen de autonomía e alcance Bluetooth
mércores, 17 de agosto do 2022
Ultimate Ears, filial de Logitech especializada en
altofalantes, conseguiu converterse en todo referente en altofalantes Bluetooth
co UE
WONDERBOOM que lanzou en 2017, para renovalos
en 2019, e o vindeiro día 31 estaría dispoñible por 99,99 euros o novo UE
WONDERBOOM 3, uns altofalantes Bluetooth portátiles e aptos para o seu uso
en exteriores, que destacan pola súa grande potencia nun tamaño moi reducido.
Estes altofalantes de 360⁰ poden empregarse sen problema en espazos abertos e en interiores,
e nesta revisión presumen dunha autonomía de até 14 horas (precisando 2,6 horas
para cargase completamente). A súa resistencia é notable, con certificación
IP67 contra auga e po, e incluso pode soportar caídas a 1,5 metros de altura. O
seu Bluetooth ten un alcance de até 40 metros, o que resulta especialmente
interesante ante a posibilidade de poder emparellar dous altofalantes da marca para
poder gozar de son estéreo, converténdose en bos complementos para montar unha
festa.
Aínda que estamos ante un produto que parece todo un acerto, agás por un
detalle que está a sorprender para mal: o
fabricante optou por utilizar un vello porto micro USB para cargar a súa
batería, en vez dun porto USB-C, que é o estándar de facto no mercado.
Vídeo promocional dos novos altofalantes