Os altofalantes Google Home e Home Mini chegan a España
martes, 19 de xuño do 2018
A semana pasada demos
conta de como os altofalantes de Google por fin falaban español, e aÃnda
que inicialmente o seu funcionamento era bastante decepcionante, contando cun
número reducido de funcións, durante a fin de semana o sistema experimentou unha
importante actualización, de xeito que o sistema xa opera dun xeito comparable
ao doutras linguas, de aà que non sorprenda que hoxe cheguen oficialmente ao
mercado español os altofalantes Google Home e Google Home Mini a prezos de 149
e 59 euros respectivamente. Estes produtos non só están á venda na tenda en liña de Google, senón que tamén poden
mercarse en establecementos de Carrefour, El Corte Inglés, Fnac, Media Markt,
Orange España, PC Componentes e Worten, facilitando asà o seu achegamento ao
público.
Lembremos que o Google
Home Mini é un produto compacto, pensado para a súa colocación en case
calquera recanto do fogar (de aà que véndase en 3 cores diferentes: xiz, carbón
e coral), para poder asà acceder ás funcións do asistente de Google en mans libres
e poder tamén reproducir música cun volume máis que aceptable; mentres que o Google Home é o
primeiro altofalante conectado de Google, cun tamaño considerable, xa que,
aÃnda que en prestacións é igual que o seu irmán pequeno, achega unha calidade
sonora moi superior.
A interacción con este tipo de altofalantes é cada vez maior, de xeito que
tanto serve para achegar información meterorolóxica como resultados de
operacións matemáticas ou traducións en distintas linguas, todo mediante ordes
faladas. Tamén poden aproveitarse para gozar de contidos musicais de servizos
como Google Play Music, reproducir contidos dende aplicacións compatibles con
Chromecast e incluso achegar novas de medios como El PaÃs, Cadena SER, COPE,
esRadio...
Esta tecnoloxÃa tamén pode aproveitarse para lanzar contido nun Chromecast
conectado a un televisor ou para controlar dispositivos domóticos como as
lámpadas Philips Hue e, dado que a experiencia de uso adáptase ao usuario (que
incluso pode consultar a súa axenda) o sistema conta con voice match, que permite configurar até 6 perfÃs diferentes nun
único Google Home.
VÃdeo promocional dos altofalantes Google Home