Os Tamagotchi celebran os seus 25 anos converténdose en wearables
venres, 18 de xuño do 2021
O vindeiro 23 de novembro celébrase o 25º aniversario dos
célebres Tamagotchi, mascotas virtuais que foron todo un fenómeno, e que en
todo este tempo reviviron en distintos formatos dos que o último será o Tamagotchi
Smart, que vén a ser a transformación do Tamagotchi tradicional nun
smartwatch con pantalla táctil, botóns fÃsicos e incluso a posibilidade de
darlle ordes coa voz. Incluso será posible incorporar novos contidos ao
Tamagotchi a través de tarxetas de expansión. Tamén ten previstas opcións de
cooperación con outros usuarios, o que poderÃa axudar a facer máis popular este
produto que polo momento só está previsto que saia á venda no Xapón.
O novo Tamagotchi Smart venderase a partir do 23 de novembro a un prezo de
6.380 iens (49 euros), podéndose adquirir as tarxetas de expansión adicionais
por 1.000 iens (7,65 euros). O reloxo estará dispoñible en cor rosa
coral ou azul
menta nas súas versións ordinarias, existindo tamén unha versión 25º aniversario do Tamagotchi
en cor branca, e que só poderá conseguirse a través dun sorteo.
Conseguirá o Tamagotchi volver a pórse de moda grazas a esta nova xogada de
Bandai Namco? Veremos o retorno dos Tamagotchi como fenómeno global ou estamos ante
un produto máis que simplemente quere aproveitar o efecto da nostalxia?
VÃdeo promocional dos Tamagotchi Smart