Os Samsung Galaxy S9 e S9+ estrean cámara con dobre apertura
luns, 26 de febreiro do 2018
Anticipándose á inauguración oficial do Mobile World
Congress de Barcelona, Samsung realizou a presentación dos seus novos
smartphones insignia, os Samsung Galaxy S9 e S9+,
que supoñen unha interesante renovación destes produtos especialmente a nivel
de cámaras, xa que incorporan innovacións salientables como un obxectivo con
dobre apertura, gravación de vÃdeo a cámara super lenta e os chamados AR Emoji personalizados.
Tamén destaca a integración de altofalantes estéreo AKG para conseguir unha
experiencia de reprodución audiovisual máis inmersiva.
Os teléfonos presentados diferéncianse principalmente por contar con pantallas
de distintas dimensións, de xeito que o S9 ten unha pantalla Quad HD+ de 5,8
polgadas, mentres que o S9+ leva a súa pantalla ás 6,2 polgadas. Pero o tamaño
de pantalla non é o único cambio, senón que o S9+ tamén conta con maior capacidade
de memoria RAM (6 en vez de 4 GB), maior baterÃa (cunha capacidade de 3.500 mAh
en vez de 3.000 mAh) e cunha segunda cámara traseira de telefoto (contando ambas cámaras con estabilización óptica de imaxe).
No que a capacidades de almacenamento se refire, ambos móbiles poderanse
adquirir en capacidades de 64, 128 e 256 GB ampliables mediante tarxetas
microSD de até 400 GB, aÃnda que a dispoñibilidade dos distintos modelos
dependerá dos mercados e os distintos distribuidores, como tamén acontecerá
coas cores dispoñibles da súas carcasas, que poderán ser negras, gris, azul ou
púrpura.
O novos teléfonos non esquecen moitas outras importantes prestacións, como
Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, NFC, conector USB-C, lector de pegadas dixitais,
escáner de iris, recoñecemento facial, carga rápida e carga sen fÃos,
resistencia ao po e á auga e a última versión de Android.
Cámaras revolucionarias
Os novos teléfonos de Samsung integran a primeira cámara integrada nun
smartphone con apertura variable, de xeito que cando esteamos en ambientes ben
iluminados poderemos disparar instantáneas cunha apertura f/2.4, mentres que en
ambientes máis escuros poderemos empregar unha apertura f/1.5, coa que
recóllese máis luz no sensor da cámara.
Os dispositivos tamén melloran a súa cámara lenta, integrando un modo que chega
até os 960 cadros por segundo, conseguindo efectos realmente impresionantes,
que logo podemos compartir en vÃdeo incorporándolle músiaca de fondo ou incluso
en forma de imaxe GIF animada.
Samsung tamén considerou interesante reaccionar aos animoji de Apple, e
presentou os seus AR Emoji, un sistema de avatares tridimensionais
personalizados xerados a partires da cara do usuario e que poden imitar as súas
expresións faciais para logo crear adhesivos animados que poder compartir nas
distintas plataformas de mensaxerÃa instantánea.
O asistente virtual de Samsung, Bixby, aÃnda que leva certo retraso no que ao
recoñecemento de voz se refire, si está a evolucionar a nivel de recoñecemento
de imaxe, de xeito que presume de ser capaz de realizar traducións de texto ou
conversións de moeda directamente dende a cámara do móbil.
Un accesorio que tamén experimenta un importante cambio é o Samsung DeX, que
permite conectar o móbil a unha pantalla para poder empregalo a xeito de
ordenador persoal, e como grande novidade ten que agora permite que o teléfono
conectado estea pousado en horizontal, de xeito que a súa pantalla pode
aproveitarse a xeito de panel táctil.
Os Samsung Galaxy S9 e S9+ chegarán ao mercado nos seus modelos con 64 GB de almacenamento
a prezos de 849 e 949 euros respectivamente, estando dispoñible nas tendas a
partires do 15 de marzo, aÃnda que os que o reserven
poderán recibilo xa o 8 de marzo.
VÃdeo promocional dos Samsung Galaxy S9 e S9+