Os Samsung Galaxy A50 estrean fundas da Marvel

luns, 24 de xuño do 2019 Marcus Fernández

O Galaxy A50, coa súa pantalla Inifinity-U Super AMOLED Full HD+ de 6,4 polgadas, os seus 4 GB de RAM, os seus 128 GB de almacenamento interno (ampliables mediante tarxetas microSD de até 512 GB), a súa cámara traseira tripla e a súa batería de 4.000 mAh quere converterse nun dos grandes referentes da tempada na gama media, e unha da novidades que vén de estrear é unha colección de fundas inspiradas en superheroes da Marvel que aínda que non é un reclamo extraordinario, si axuda a darlle un toque de distinción aos novos Galaxy A50.
As novas fundas para o Galaxy A50 están dispoñibles en catro deseños inspirados en Iron Man, Spider-Man, Capitán América e os Vingadores, distribuíndose en unidades limitadas, de xeito que prometen converterse nun obxecto de desexo para os seareiros dos personaxes da Marvel.
Nas últimas semanas Samsung xa presentara fondos de pantalla de Disney para o Galaxy S10, polo que a oferta de fundas da Marvel parece ser unha medida máis entre o acordo de colaboración entre a Disney e Samsung.

PUBLICIDADE