Os Oppo Reno13 chegan a tempo para o verán
xoves, 29 de maio do 2025
A nova serie Reno13 de Oppo está dirixida aos amantes do deporte e da natureza grazas á súa resistencia extrema e ás súas funcións baseadas en intelixencia artificial. Con certificación IP66, IP68 e IP69, estes dispositivos aguantan auga, po, caÃdas e incluso presións elevadas, podendo usarse en actividades como kaiak, escalada ou sandboarding sen necesidade de fundas adicionais.
Todos os modelos (Reno13 Pro 5G, Reno13 5G, Reno13 FS e Reno13 F 5G) integran tecnoloxÃas avanzadas como AI Motion, AI Livephoto e AI Clarity Enhancer, que permiten capturar imaxes e vÃdeos con gran claridade e estabilidade mesmo en movemento ou baixo auga. O Modo Subacuático facilita a gravación ata 2 metros de profundidade durante 30 minutos, e incorpora botóns fÃsicos para operar sen tocar a pantalla, ademais dun sistema de drenaxe que expulsa a auga en segundos.
A nivel fotográfico, destaca o modelo Pro 5G coa súa cámara principal de 50 MpÃxeles (con sensor Sony IMX890) e outra telefoto de 50 MpÃxeles con zoom óptico 3,5x, ideais para capturar tanto paisaxes afastadas como detalles minuciosos. Tamén ofrece gravación en 4K, estabilización por IA e unha baterÃa de 5.800 mAh, pensada para acompañar durante longos percorridos sen precisar recarga. O único modelo da familia que terÃa unha capacidade de baterÃa inferior serÃa o Reno13 5G, que quedarÃa en 5.600 mAh, o que segue a ser unha capacidade superior á media.
Estes novos móbiles chegan nun amplo abano de prezos, que parten dos 341,10 euros do Oppo Reno13 F 5G con 16 GB de RAM e 256 GB de almacenamento ata os 719,10 euros do Oppo Reno13 Pro 5G con 12 GB de RAM e 512 GB de almacenamento interno.