Os Moto G5 e G5 Plus estrean edicións especiais
martes, 1 de agosto do 2017
Os Moto
G5 e Moto G5 Plus foron os primeiros smartphones da familia Motorola en ter
carcasa de aluminio, destacando o modelo Plus pola súa cámara con apertura
f/1.7 que a situaba entre o mellor da súa gama, e agora estes terminais estrean
edición especial que incorporan novas prestacións e melloran as súas
especificacións, aÃnda que os cambios introducidos afectan ao prezo dos
dispositivos, que vese lixeiramente incrementado.
O Moto G5S mellora en baterÃa, pantalla e a cámara frontal
O Moto
G5S está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 430, a súa
pantalla Full HD medra até as 5,2 polgadas, prescinde do modelo con 2 GB de RAM
e véndese xa de saÃda con 3GB de RAM, o seu almacenamento interno pasa de 16 a
32 GB (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB), a súa cámara
traseira pasa de 13 a 16 MpÃxeles, a cámara frontal mantén os 5 MpÃxeles pero
mellora a súa apertura (agora f/2.0) e incorpora Flash LED, a súa baterÃa medra
até os 3.000 mAh con TurboPower que permite 5 horas de enerxÃa con só 15
minutos de carga e, en consecuencia, o seu peso increméntase lixeiramente até
os 157 gramos. De serie chega con Android 7.1 e o seu deseño externo é
lixeiramente diferente ao do seu predecesor, polo que podemos entender que a
semellanza no nome busca principalmente herdar a sona dun modelo de éxito. O
seu prezo partirá dos 249 euros.
As cámaras dobres non son exclusivas da gama alta
Os cambios no Moto
G5S Plus son menores en número, pero maiores en impacto, pois non
só a súa pantalla Full HD pasa de 5,2 a 5,5 polgadas e a cámara frontal mellora
a súa apertura e resolución (agora conta cun sensor de 8 MpÃxeles con apertura
f/2.0 e flash LED), senón especialmente por substituÃr a moi destacada cámara frontal
de 12 MpÃxeles con apertura f/1.7 por unha cámara dual de 13 MpÃxeles con
apertura f/2.0, o que xogar coa profundidade de campo para conseguir imaxes cun
acabado máis profesional. Desta volta sorprende que as funcións da dobre cámara
estean dispoñibles a posteriori, ou
sexa, que podemos facer o enfoque selectivo despois de disparar a fotografÃa e
incluso pode eliminarse o fondo dunha imaxes e substituÃlo por unha imaxe da
biblioteca de Google Fotos. Este modelo superior tamén conta con NFC e Android
7.1, e o seu incremento de tamaño
afectou tamén ao seu peso (agora de 168 gramos). O seu prezo de venda partirá
dos 299 euros.