Os Mi AirDots Pro aspiran a converterse na alternativa económica aos AirPods
martes, 8 de xaneiro do 2019
Cando en novembro Xiaomi
anunciou uns auriculares sen fÃos chamados AirDots, non foron poucos os que
aseguraron que eran unha copia chinesa dos AirPods de Apple a un prezo moito
máis reducido (falamos duns 25-35 euros en contraste cuns 179 euros), aÃnda que
a semellanza entre ambos produtos era principalmente no nome, e para confirmalo
aos
poucos dÃas filtráronse imaxes duns auriculares de Xiaomi que si tiñan unha
aparencia moito máis semellante aos de Apple, que respondÃan ao nome de Mi
True Wireless, e que finalmente esta semana chegan ao mercado como Mi AirDots
Pro, que cun prezo de 399 iuans (50,88 euros) deixan clara a súa ambición,
manténdose igualmente nun rango de prezo que poderÃa valerlles impresionantes vendas
como aconteceu co modelo económico.
Os Mi AirDots Pro poderán mercarse a partires do dÃa 11, e preséntanse cunha
aparencia moi semellante á dos AirPods, diferenciándose claramente polo feito
de que os auriculares de Xiaomi teñen capuchóns de silicona intercambiables,
detalle que destaca a simple vista.
Estes novos auriculares, compatibles con iOS e Android, contan con
conectividade Bluetooth 4.2, soporte de AAC, resistencia á auga IPX4 e
cancelación de ruÃdo activa. Manéxanse mediante controis táctiles e poden
cargarse no seu estoxo, de xeito que tras 1 hora de carga permiten unha autonomÃa
de 3 horas para os auriculares, que poden introducirse para a súa recarga no
estoxo para completar unha autonomÃa total de 10 horas.
Queda agora por ver se chegarán oficialmente a España e se o seu prezo oficial
será tan atractivo como o que ten en China.