Os Meizu U10 e U20 chegan con pantallas de 5 e 5,5 polgadas

mércores, 24 de agosto do 2016 Marcus Fernández

O fabricante chinés Meizu quere reforzar o seu catálogo de smartphones de gama media apostando por terminais de deseño metálico coidado, pantalla con cristal 2.5D, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, 4G, procesador de 8 núcleos e sensor de pegadas dixitais, que contarán con prezos que van entre os 999 e os 1299 iuans (133 e 173 euros), polo que posiblemente sexan grandes éxitos de vendas, diferenciándose os modelos principalmente no tamaño de pantalla e nas cantidades de RAM e almacenamento interno das distintas configuracións.
O Meizu U10 chegará ao mercado o 18 de setembro con pantalla HD de 5 polgadas, 2/3 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno e batería de 2.760 mAh a 999/1.199 iuans (133 e 160 euros) mentres que o Meizu U20 opta por unha pantalla Full HD de 5,5 polgadas, 2/3 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno e batería de 3.260 mAh por 1.099 e 1.299 iuans (146 e 173 euros) a partires do 28 de agosto.
Aínda que os móbiles de Meizu comercialízanse principalmente en China, é bastante probable que en poucos meses poidamos velos en tendas españolas na súa versión internacional.

PUBLICIDADE