Os Headphonies permiten escoitar música dun xeito orixinal e creativo

martes, 28 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A finais do mes de novembro se porán á venda por 30 dólares unha serie de bonecos (5 con aparencia creadas por diferentes artistas e 2 en branco para que os personalice o seu comprador) que se poden empregar a xeito de altofalantes.
Os Headphonies son un curioso produto que combina simpáticos deseños coa posibilidade de abrir unha porta á creatividade, polo que é de agardar que estas figuras de vinilo teñan unha boa aceptación entre os seguidores deste tipo de elementos decorativos, que desta volta contan cun plus de funcionalidade, ao poderse empregar para escoitar música co noso reprodutor multimedia favorito.

PUBLICIDADE