Os GALAXY Ace continúan a incrementar o tamaño da súa pantalla

luns, 10 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Samsung presentou hoxe un novo terminal de entrada, o GALAXY Ace 3, que pese ao seu previsible prezo axustado, contará con procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM, pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles (lembremos que os GALAXY Ace 2 e Ace contaban con pantallas de 3,8 e 3,5 polgadas) e sistema operativo Android 4.2, axustándose ás necesidades básicas da meirande parte de usuarios actuais. Dependendo de cada mercado, estará dispoñible con unha ou dobre SIM e en versións 3G ou LTE.
Este novo terminal móbil conta con cámara traseira de 5 Mpíxeles con flash LED e cámara frontal VGA, Wi-Fi N, Wi-Fi Direct, Bluetooth 4.0, USB 2.0, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria microSD de ata 64 Gb e GPS. O modelo con 3G terá un grosor de 9,8 milímetros, un peso de 115 gramos e unha batería de 1.500 mAh, mentres que o modelo con LTE engorda ata os 10 milímetros e 119,5 gramos de peso, adoptando unha batería de 1.800 mAh e un almacenamento interno de 8 Gb.
En todos os casos o móbil virá equipado co software propio de Samsung (S Translator, Stravel, Smart Stay, S Voice e Easy Mode, entre outras prestacións).

PUBLICIDADE