Os AirPods Pro 3 integran medición de frecuencia cardÃaca
martes, 9 de setembro do 2025
Apple vén de anunciar os AirPods Pro 3, unha nova versión dos seus auriculares in-ear que introduce cambios no deseño, melloras na experiencia sonora e novas funcións orientadas ao seguimento fÃsico. A compañÃa destaca a incorporación dun sensor de frecuencia cardÃaca e unha arquitectura acústica revisada, aÃnda que a proposta mantén a continuidade estética e funcional respecto ás xeracións anteriores.
A nivel técnico, os auriculares inclúen un sistema de cancelación activa de ruÃdo que duplica a eficacia da versión anterior. Esta mellora apóiase en micrófonos de ruÃdo ultrabaixo, unha ecualización adaptativa e novas almofadas con infusión de espuma, deseñadas para mellorar o illamento pasivo. Tamén se introduce un modo de son ambiente máis natural, pensado para facilitar a interacción co contorno sen renunciar á calidade sonora.
No ámbito do deseño, os AirPods Pro 3 foron reformulados para ofrecer un axuste máis estable, especialmente durante actividades fÃsicas. A empresa asegura que se baseou en miles de escaneos de orellas e horas de investigación para acadar unha ergonomÃa mellorada. As almofadas están dispoñibles en cinco tamaños, incluÃndo un novo talle XXS, e os auriculares contan con certificación IP57 de resistencia ao suor e á auga.
A novidade máis salientable é a integración dun sensor de fotopletismografÃa, que permite medir a frecuencia cardÃaca durante os adestramentos. Esta función está pensada para traballar en conxunto coa app Fitness do iPhone, e permite rexistrar ata 50 tipos de exercicio. Ademais, os usuarios poderán acceder a Workout Buddy, unha experiencia de motivación personalizada baseada en intelixencia artificial.
Cómpre salientar que durante a presentación dos novos auriculares destacouse a función de tradución en vivo a través de Apple Intelligence, que estarÃa dispoñible inicialmente en inglés, francés, alemán, portugués e español, para chegar a finais de ano tamén en italiano, xaponés, coreano e chinés, pero na páxina web española de Apple omÃtese toda referencia a tal función, polo que podemos entender que non chegará a Europa ata dentro de varios meses.
Os AirPods Pro 3 estarán dispoñibles a partir do 19 de setembro, cun prezo de saÃda de 249 euros.
VÃdeo promocional dos AirPods Pro 3
