Orixinal reprodutor Creative ZEN Moo

venres, 21 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Creative vén de presentar para o mercado chinés (non sabemos se chegará ao resto do mundo) o reprodutor ZEN Moo, que tería unha características moi semellantes ás do ZEN Stone, pero cunha carcasa con forma de vaca que incluso integra un pequeno altofalante.
O curioso reprodutor se vende en dos modelos (o modelo ZEN Moo Plus incorporaría adicionalmente unha pantalla OLED) con 2 Gb de capacidade e radio FM, contando cunha autonomía de 20 horas.
Os cornos e o fociño da vaca agocharía botóns de control deste reprodutor que soporta ficheiros de audio en MP3 e WMA. As vaquiñas musicais se venderán en 4 cores: branco, vermello, rosa e amarelo.

PUBLICIDADE