Ordenador todo-en-un con base para o iPod
martes, 25 de maio do 2010
O fabricante xaponés Onkyo sorprendeu ao anunciar que o seu novo
ordenador todo-en-un E713A9B,
aparte dun procesador Intel Core i5-650 a 3,2 GHz, 4 Gb de RAM (ampliable ata
8), 1 Tb de disco duro, pantalla Full HD de 23 polgadas, lector de Blu-ray,
webcam de 1,3 MpÃxeles, 3 portos USB 2.0, 1 porto eSATA, porto HDMI, Wi-Fi N,
sintonizadora de televisión, lector de tarxetas SDXC e sistema operativo
Windows 7 Home Premium de 64 bits, tamén ten unha base para o iPod no lateral
da súa pantalla.
Este orixinal equipo porase á venda o 17 de xuño a 189.800 iens (uns 1.528
euros).