Orange vende unha edición de Mafalda do Samsung L770

luns, 27 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O Samsung L770 chega ao mercado nunha edición especial limitada a 5.000 unidades nas que na súa carcasa se pode ver ao popular personaxe de cómic creado por Quino, Mafalda, contando tamén cunha cor máis alegre que o tradicional gris deste modelo de móbil con teclado deslizante, pantalla de 2,1 polgadas, conectividade HSDPA de ata 3,6 Mbps, Bluetooth, USB, cámara de 2 Mpíxeles (e outra para videochamadas), radio FM con RDS, lector de tarxetas microSD e reprodución multimedia (con soporte de ficheiros AMR, MIDI, AAC, AAC+, SMAF, MP3, WMA, i-melody, MPEG4, H.263 e H.264.
Este móbil de 103 x 48 x 14,2 milímetros e 86 gramos de peso ten unha autonomía de 2,5 horas en conversa e 200 horas en espera e se venderá a través de Orange a prezos de a partir de 0 euros (cun contrato de 18 meses).

PUBLICIDADE