Orange e MásMóvil combinarán os seus negocios en España
martes, 8 de marzo do 2022
Tras meses de ruxerruxe sobre posibles operacións de fusión
entre varios dos principais operadores de telecomunicacións en España para
consolidar a súa posición de mercado, Orange
e MásMóvil anuncian que iniciaron un perÃodo de negociación en exclusiva para
combinar os seus negocios en España, operación da que pretenden que resulte
unha joint venture controlada ao 50% por ambas compañÃas e cunha
valoración conxunta de 19.600 millóns de euros. A valoración actual de Orange
España é de 8.100 millóns de euros e a de MásMóvil de 11.500 millóns de euros,
aÃnda que o peso no control da entidade non serÃa proporcional.
O acordo entre as partes recolle o dereito a lanzar unha Oferta Pública de Venda
(OPV) baixo certas condicións e o dereito de Orange a tomar o control e
consolidar a entidade combinada resultante en caso dunha OPV. En ningún caso
Orange terÃa a obriga de saÃr da entidade combinada resultante nin a exercer
esas opcións.
A operadora resultante contarÃa cunha rede de fibra óptica con presenza en todo
o territorio estatal, chegando aos 16 millóns de unidades inmobiliarias, e
cunha rede móbil con cobertura estatal que xestiona un volume moi relevante do
tráfico do mercado español. De feito, contarÃa cun volume de liñas superior ao de Movistar, aÃnda que en ingresos continuarÃa a estar bastante por detrás (Movistar ten actualmente o 52,3% dos ingresos a nivel español).
Grazas á operativa conxunta a empresa resultante terÃa máis doada a expansión
das súas redes FTTH e 5G, e confÃan que a transacción para esta nova aventura
empresarial se asine no segundo trimestre do ano para concluÃr a no segundo
trimestre de 2023 (tras obter as aprobacións das autoridades pertinentes).