Orange anunciou os seus servizos móbiles 4G na cidade da Coruña
luns, 25 de novembro do 2013- O conselleiro delegado de Orange España participou na presentación coruñesa dos servizos 4G do operador de telecomunicacións
Orange
presentou hoxe os seus servizos 4G na cidade da Coruña, que foron
lanzados o pasado 14 de outubro, nun acto no Restaurante Mirador de San Pedro,
ao que asistiron o conselleiro delegado de Orange España, Jean Marc Vignolles,
e o cuarto tenente de alcalde e responsable da Área de Medioambiente, Infraestruturas
e Territorio do Concello, Martín Fernández Prado. O despregamento da devandita
rede de cuarta xeración supuxo un investimento de 8 millóns de euros para a
modernización da rede de acceso e transmisión e os investimentos específicos na
tecnoloxía 4G.
- As conexións 4G facilitan a reprodución de vídeo sen paróns
No encontro a compañía non só confirmou a súa aposta polas
novas redes na nosa comunidade autónoma, senón que tamén convidou aos
asistentes a comprobar en primeira persoa a calidade do servizo de acceso á
Rede que achegan a través do 4G, conseguindo unhas conexións de reducida
latencia e capacidade de transmisión de datos que permite estreitar a distancia
entre as conexións fixas e móbiles, facilitando que incluso poidamos gozar de
vídeos en alta definición en mobilidade sen ter que padecer os habituais
problemas de carga que presentan nas redes móbiles das que podiamos gozar ata o
momento.
Jean Marc Vignolles, conselleiro delegado de Orange España, e Carlos Negreira Souto, alcalde da cidade, mantiveron hoxe un
encontro no que o conselleiro delegado de Orange comentou os plans da operadora
para o despregamento da cuarta xeración móbil, coa que os habitantes da
cidade poderán navegar a velocidades ata 10 veces superiores ás actuais redes
móbiles.
Neste momento, a cobertura 4G de Orange cobre a
totalidade do municipio: polo noroeste chega ata a Torre de Hércules, e polo
sur cóbrese o recinto feiral ExpoCoruña e o Coliseum. Haberá ademais cobertura
4G nalgúns núcleos urbanos da periferia e nos polígonos industriais de POCOMACO
e da Grela. O ano que vén seguirase estendendo a cobertura 4G aos arredores da
cidade e a municipios como Ferrol e Santiago de Compostela.
- Orange permitiu aos asistentes ao seu evento comprobar en primeira persoa a velocidade das súas conexións 4G na Coruña
Segundo Jean-Marc Vignolles, Conselleiro Delegado de
Orange, "coa comercialización dos novos servizos 4G na Coruña, Orange
confirma a súa aposta pola innovación e o investimento no despregamento de
infraestruturas de super banda ancha en Galicia. Queremos, así, contribuír ao
reto de situar a España entre os países líderes en redes de nova xeración nun
futuro próximo".
Orange lanzou os seus servizos 4G en España o
pasado 8 de xullo. Nestes momentos, a compañía ten cobertura 4G en Madrid,
Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Murcia, Zaragoza, Bilbao, Alacante,
Córdoba, Palma de Mallorca, Las Palmas de Gran Canaria, Valladolid, Vigo e A
Coruña. En 2014, a compañía continuará co despregamento 4G, co fin de
cubrir todas as capitais de provincia españolas.
Nova oferta de
tarifas para os servizos 4G
Para que os clientes poidan gozar ao máximo dos seus servizos
4G, Orange anunciou a renovación
e simplificación da súa oferta de tarifas de contrato, tanto para o mercado
residencial coma para autónomos e empresas. O novo catálogo de tarifas de Animais de Orange, que inclúe tarifas 4G
dende 23 euros ao mes, faise máis sinxelo e adáptase ás novas necesidades do
mercado.
Por outra parte, para este lanzamento, Orange dispón de smartphones, tablets
e outros dispositivos 4G dos principais fabricantes do mercado como HTC,
Huawei, LG, Sony e Samsung. En poucos meses se irán incorporando novos
terminais, confirmando a aposta de Orange pola democratización dos smartphones
con tecnoloxía 4 G.
- Un dos móbiles que mellor desempeño coas redes 4G amosou foi o HTC One