Optoma incorpora ao seu catálogo un proxector de 2.700 lúmens
luns, 26 de novembro do 2012
Os usuarios que queiran gozar dun proxector de vÃdeo compatible con 3D (mediante un adaptador opcional) e cunha boa luminosidade poden facerse co novo Optoma HD6720, que entre as súas caracterÃsticas destaca especialmente por ter un brillo de 2.700 lúmens ANSI. Este proxector DLP ten unha resolución nativa de 1.280 x 720 pÃxeles (compatible con resolucións de 1.080p, 1.080i, 576p e 480p), pode proxectar unha imaxe de ata 87 polgadas de diagonal a 2,2 metros de distancia e acepta entradas HDMI, VGA, S-Video e vÃdeo composto. A súa lámpada de 185 W ten unha vida estimada de 4.000 horas de uso, e para poder empregar as súas posibilidades 3D é preciso adquirir o adaptador Optoma 3D-XL, o que o fai compatible co sinal de reprodutores de Blu-ray 3D, consolas de videoxogos (PS3 e Xbox 360) e algún receptor de televisión por satálite. O seu prezo de venda está no contorno dos 820 euros.
- O proxector conta cunha completa contectividade