Onyx comercializa un monitor de tinta electrónica de 25 polgadas
venres, 25 de xuño do 2021
Os lectores de libros electrónicos teñen a sona de resultar
máis agradables á vista para longas sesións de lectura, e baixo ese pretexto a
marca especializada en eReaders Onyx vén de lanzar no mercado chinés, coa
intención de internacionalizar o produto en outubro, o monitor
BOOX Mira Pro, que vén a ser unha pantalla de 25,3 polgadas con tecnoloxÃa
eInk que presenta unha resolución de 3.200 x 1.800 pÃxeles e pode conectarse
por mini HDMI a calquera equipo informático, o que pode resultar axeitado para
usuarios que pasan longas horas consumindo contidos de texto no escritorio.
Esta interesante pantalla, que en China custa 8.999 iuans (1.268 euros),
deixando claro que non está ao alcance de calquera, polo que entendemos que ten
unha orientación profesional, como transmite tamén o feito de que a pantalla
poida xirarse 90 graos, prestación moi demandada entre profesionais do deseño
gráfico.