OnePlus One, o novo smartphone chinés de alta gama que ameaza ao resto de fabricantes
mércores, 23 de abril do 2014
O executivo de Oppo, Pete Lau, leva uns meses iniciando un
novo proxecto empresarial, OnePlus, compañÃa que anuncia hoxe o seu primeiro
terminal, o OnePlus One, que parece querer
seguir a senda marcada pola anterior compañÃa tanto en deseño (é moi semellante
ao Oppo Find
7) como na súa comercialización (pese a ser un smartphone chinés, poderase
mercar en liña dende España directamente e sen problemas de alfándegas).
O OnePlus One chegará cunha pantalla Full HD de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm
Snapdragon 801 de catro núcleos a 2,5 GHz con gráfica Adreno 330, 3 Gb de RAM,
16/64 Gb de almacenamento interno, cámara traseira de 13 MpÃxeles con lente
Sony, apertura f/2.0 e dobre flash LED, cámara frontal de 5 MpÃxeles con grande
angular (pensando nas auto-fotos e nas videoconferencias), conectividade LTE
(4G), Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, NFC, LED multicor para notificacións, baterÃa de
3.100 mAh e sistema operativo CyanogenMod 11S baseado en Android 4.4 (con
funcionalidades como poder desbloquear o terminal por voz ou lanzar aplicacións
mediante xestos). O seu grosor queda en 8,9 milÃmetros e o seu peso en 162
gramos.
Este novo terminal quere competir cos móbiles insignia dos principais
fabricantes, para o que parte dun prezo bastante agresivo, xa que o seu modelo
branco de 16 Gb venderase a 269 euros, mentres que o modelo negro de 64 Gb terá
un prezo de 299 euros, aÃnda que 100 afortunados poderán facerse cun destes
dispositivos por só 1 dólar a través dunha promoción
que comeza nun par de dÃas.
VÃdeo de presentación do OnePlus One