Ola a presión con pantalla LCD
mércores, 2 de maio do 2007
Sen dúbida que ter un aparello destes na cociña dá unha certa confianza. É dicir: se finalmente estragamos o arroz con polo, non será pola nosa culpa, senón pola da condenada tecnoloxÃa posta ó servizo da gastronomÃa. Dito doutra maneira: teremos a escusa perfecta para botar balóns fóra. Pola contra, está claro que se as cousas saen ben, a responsabilidade será toda nosa. Enleadas aparte, é máis que evidente que a tecnoloxÃa estase a meter cada vez máis en todos os currunchos do fogar, mesmo nas olas a presión de cocer o polbo, como a que podemos ver na imaxe, que inclúe funcións de preprogramación e unha pantalla LCD para poder seguir de preto o proceso de fervedura.
Ademais, o aparello inclúe determinadas funcións como unha memoria con corenta receitas que pode ser moi proveitosa no caso de que o cociñeiro sexa dos que non van alén de xuntar dous anacos de pan con tres tiras de xamón. A ola a presión con engadidos tecnolóxicos (vÃmola en Xataca) está a 150 euros nesta web.