Ofrecen unha tarifa con 400 GB de datos por 4G
xoves, 4 de outubro do 2018
Dentro das tarifas de datos baseadas no móbil, moi
interesantes para negocios que queren gozar de conectividade en mobilidade ou
en lugares onde non chega a banda larga fixa, está a sorprender unha compañÃa burgalesa
chamada 4G Sin Fin, que vén de estrear
unha tarifa de 400 GB de datos ao mes a través da rede de Yoigo por 90
euros/mes (85 euros/mes os 6 primeiros meses).
Temos asà unha interesante opción para negocios ou fogares que queiran
compartir esta conexión de banda larga móbil a través dun router 4G ou outro
dispositivo, podendo asà gozar de velocidades de descarga de até 150 Mbps.
A mesma compañÃa ten outras ofertas interesantes, como tarifas de 120 e 200 GB/mes
a través da rede de Vodafone por 50 e 77 euros respectivamente; ou de 90 GB/mes
a través de Orange por 42 euros.
As tarifas de 4G Sin Fin carecen de compromiso de permanencia, agás a nova de
400 GB/mes, que ten unha permanencia de 6 meses.