ORWL, o mini-ordenador que só funciona con chave
xoves, 29 de setembro do 2016
Para os que buscan un equipo informático seguro a niveis
bastantes extremos chega a
través dunha campaña de micromecenado en CrowdSupply o primeiro ordenador
fisicamente seguro de código aberto: ORWL. Estamos ante un mini-ordenador
con forma redonda, cun diámetro de 13 centÃmetros, un alto de 3 centÃmetros e
un peso de 400 gramos que integra un procesador Intel Skykale M3 (con opción
dun procesador M7 con vPro), gráfica Intel 515 (son soporte de 4K), 8 GB de
RAM, 120/480 GB de SSD (con cifrado automático en AES de 256 bits), saÃda micro
HDMI, 2 portos USB-C, Bluetooth 4.1, Wi-Fi AC, un microcontrolador para manter
a súa seguridade de xeito fÃsico e un sistema de autentificación de usuario
mediante NFC xunto cunha chave Bluetooth e un contrasinal.
Dito doutro xeito, este ordenador de pequenas dimensións, que pode adaptarse a
case calquera escritorio, precisa dunha chave fÃsica para poder arrincar e
desbloquear os seus contidos, de xeito que os contidos no seu interior estarÃa
seguros ante miradas alleas e, de detectar manipulacións para acceder aos seus
datos, procederá a un borrado total de toda a información almacenada incluso co
equipo desconectado da corrente eléctrica.
Quen estea interesado neste nivel de seguridade, pode encargar xa o modelo máis
básico do ORWL (cun procesador Skylake M3, 120 GB de SSD e sistema operativo
Ubuntu) por 699 dólares (695 dólares cos gastos de envÃo incluÃdos), mentres
que unha versión máis completa (cun procesador Skylake M7, 480 GB de SSD e
Windows 10) custarÃa 1.099 dólares (1.051 euros cos gastos de envÃo incluÃdos)
tendo que agardar os mecenas que apoien este proxecto até mediados de xaneiro
para que lles remitan este curioso equipo.