O2 sorprende cunha tarifa móbil con chamadas ilimitadas por 10 euros/mes

luns, 25 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Aínda que o operador de baixo custo de Telefónica, O2, caracterizábase pola simplicidade da súa oferta, parece estar a diversificar a súa oferta cada vez máis, de xeito que xa non se centra unicamente ao seu combinado de fibra e móbil por 50 euros/mes, senón que tamén ten fibra por 38 euros/mes e móbil por 20 euros mes, sumándose a esta última tarifa que inclúe 25 GB de datos unha nova opción que por 10 euros/mes inclúe 5 GB de datos (baixando a velocidade a 64 kbps de superarse o tráfico mensual) incluíndo chamadas ilimitadas a fixos e móbiles estatais, mensaxes de texto ilimitadas e, como vén ser habitual neste tipo de operadores, nin compromiso de permanencia nin penalizacións.
As tarifas de O2 inclúen conectividade 4G, roaming sen custo adicional na Unión Europea e a posibilidade de contratar adicionalmente o servizo multiSIM (incluíndo soporte para eSIM) e bonos adicionais de datos.
O máis sorprendente desta nova tarifa de O2 é que o seu equivalente en Tuenti ten un prezo de 14,95 euros/mes, dando a impresión de que Telefónica está a descoidar o que até o momento era a súa marca low-cost de referencia, e que cada día ten menos atractivos para a súa contratación.

PUBLICIDADE