O2 dobra a velocidade da súa fibra óptica

luns, 17 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

O operador de telecomunicacións de baixo custo de Telefónica, O2, está a comunicar un importante cambio no servizo aos seus clientes de tarifas con fibra e móbil, que pasarán de gozar de conexións de fibra no fogar de 300 Mbps simétricos a conexións de 600 Mbps, mellora que será automática e sen modificación da cota mensual (50 euros para a meirande parte de clientes, aínda que os máis antigos conservan o prezo inicial de 45 euros/mes).
Estas liñas de fibra e móbil inclúen liña de teléfono fixo con chamadas ilimitadas a teléfonos estatais e liña móbil con chamadas ilimitadas e 25 GB de datos en mobilidade. Deste xeito configúrase unha das ofertas de fibra de baixo custo máis atractivas do mercado, por mellorar a velocidade da conexión doméstica mantendo un prezo contido e ofrecendo liña de voz fixa (algo pouco frecuente por este prezo en tarifas fóra de promoción).

PUBLICIDADE