O xogo de naipes UNO estrea aplicación móbil oficial

xoves, 17 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

O xogo de cartas estadounidense UNO comercialízase en formato físico dende 1992 por parte de Mattel, compañía que deixou en moitas ocasións a terceiros explotar esta mecánica de xogo, pero finalmente animouse a estrear para iOS e para Android unha versión móbil de UNO, como un xogo free-to-play que promete sumar moitos xogadores nos vindeiros días.
A estimación do éxito deste xogo móbil chega de precedentes como a versión de UNO para Facebook, á que xogaron uns 45 millóns de persoas, polo que é de esperar que moitos deses usuarios proben tamén a versión para iOS e Android, por ser de balde (que inclúe compras na aplicación).
A nova aplicación móbil permite xogar ao UNO clásico, e a outras variedades de xogo con novas regras, para poder botar partidas en tempo real, competir en campionatos e eventos, xuntarte con outros usuarios para traballar en equipo para gañar e xogar con amigos de todas partes do planeta.

Tráiler de lanzamento de UNO para móbiles

PUBLICIDADE