O uso dos servizos de Facebook dispárase por mor do COVID-19
martes, 24 de marzo do 2020
- Evolución do tempo en chamadas en grupo en Italia
AÃnda que os servizos de vÃdeo son os que xeran á meirande
parte do tráfico na Internet, as redes sociais tamén provocan un importante
número de conexión e de importante consumo de recursos, e dende
Facebook quixeron salientar os esforzos que estaban a realizar para poder
manter operativas as súas plataformas que tan prácticas resultan para
manter a comunicación entre as persoas en tempos de distanciamento social
por mor do COVID-19.
Para que nos fagamos unha idea do estrés ao que están sometidas as
infraestruturas de Facebook no seu conxunto indican que no último mes o uso da
mensaxerÃa incrementouse na meirande parte dos paÃses afectados polo coronavirus
en máis do 50%; canto maior é o impacto do virus nun territorio tamén é maior o
uso que se realiza dos servizos de voz e vÃdeo (aseguran que nos territorios
máis afectados as chamadas de voz e vÃdeo dobraron o seu número tanto a través
de Messenger como de WhatsApp); e se imos a Italia (o que pode servir de
anticipo do caso español) temos que o tempo nas aplicacións de Facebook
incrementouse un 70%, o uso de directos de Instagram e Facebook dobrouse, a
mensaxerÃa incrementouse un 50% e as chamadas en grupo incrementaron o seu
tempo de uso máis dun 1.000%.
Cómpre salientar que este incremento do uso da mensaxerÃa non supón ningún
beneficio para Facebook, xa que eses servizos carecen de mecanismos de monetización,
o que coincide tamén cunha importante caÃda da publicidade nos paÃses azoutados
con máis forza polo COVID-19, de xeito que os sistemas de Facebook están a
reforzarse como se farÃa en Fin de Ano ou durante os Xogos OlÃmpicos, pero durante
un tempo máis prolongado e sen unha prestación económica, o que podemos ver
como un acto de responsabilidade social corporativa, xa que son conscientes que
facilitar as comunicacións dende o fogar fai máis doado superar estes dÃas de
confinamento.