O ultraportátil Samsung NC10 supera as 7 horas e media de autonomía

xoves, 30 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A autonomía nos ultraportátiles é un dos elementos chave do seu éxito, e sabendo tal dende Samsung contan co NC10, que funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM (ampliable a 2 Gb), 120 Gb de disco duro a 5.400 rpm, pantalla de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles (con 64 Mb de memoria), Wi-Fi, Bluetooth, Ethernet, saída VGA, 3 portos USB e un lector de tarxetas de memoria e destaca especialmente pola súa batería, que en probas realizadas por LaptopMag conseguiu aguantar máis de 7 horas e media con Wi-Fi acendido e a pantalla co brillo ao 50% (duración que se reduciu a preto de 5 horas ao subir o brillo ao 100%).
O impresionante deste equipo é que conseguiu combinar todas estas prestacións cun prezo contido, xa que o Samsung NC10 se vende a 499 dólares nos EE.UU. e a 299 libras no Reino Unido, podéndose adquirir en España por prezos de entre 400 e 450 euros.

PUBLICIDADE