O último God of War incorpórase a PlayStation Plus
mércores, 15 de xaneiro do 2025
O servizo de subscrición PlayStation Plus dificilmente poderÃa comezar o ano mellor, xa que entre os xogos que pasarán a formar parte do seu catálogo o vindeiro dÃa 21 destaca poderosamente un dos xogos máis importantes dos últimos tempos, God of War Ragnarök, en versión de PS4 e PS5. Deste xeito, quen deixase pasar un dos tÃtulos de referencia das consolas de Sony poderá agora darlle unha oportunidade.
Outros xogos que chegarán a PlayStation Plus serán Like a Dragon Gaiden: The Man Who Erased His Name para PS4 e PS5, Atlas Fallen: Reign of Sand para PS5, SD Gundam Battle Alliance para PS4 e PS5, Sayonara Wild Hearts para PS4, ANNO: Mutationem para PS4 e PS5, Orcs Must Die! 3 para PS4 e PS5, Citizen Sleeper para PS4 e PS5 e Poker Club para PS4. Unha selección de xogos de fondo de catálogo que poderán atopar xogadores aos que lles interese dada a súa diversidade.
Tamén poden resultar bastante atractivos para os amantes do retro os xogos que recibirán os subscritores de PlayStation Plus Premium, que serán Indiana Jones y el Cetro de los Reyes para PS4 e PS5 (que vén ser unha reedición do xogo que en 2009 saÃu para PlayStation 2, que inclúe lixeiras melloras) e o clásico MediEvil II para PS4 e PS5 (a recuperación da secuela de MediEvil, lanzada para a primeira PlayStation no ano 2000).