O torneo internacional de Dota 2 supera os 10 millóns de dólares en premios
venres, 27 de xuño do 2014- O Compendio é o produto que financia os premios do torneo
Valve vai celebrar entre os dÃas 18 e 21 de xullo un torneo
internacional do seu xogo Dota 2 que
responde ao nome de The International,
e que nutrirase de achegas realizadas a través da compra do
Compendio, libro virtual que permite manterse ao dÃa sobre o que pasa no
torneo, conseguir recompensas, subir de nivel, coleccionar cromos de xogadores
e moito máis, como unha alternativa a estar presencialmente na competición. Por cada Compendio
vendido por 7,19 euros apórtanse 2,5 dólares ao premio total do torneo, o
que traduciuse nunha bolsa record, como
nunca se veu antes no mundo dos videoxogos, xa que superáronse os 10 millóns de
dólares.
Temos asà que o torneo deste ano de Dota
2 triplicarÃa a cantidade dispoñible en premios a calquera outra
competición de videoxogos celebrada até o momento, e incluso serÃa comparable a
ligas de deportes tradicionais.
A competición deste ano celebrarase
no KeyArena de Seattle (EE.UU.), o que permitirá que poidan asistir ao evento máis
de 10.000 espectadores, e pese a que as entradas tiñan prezos de 99, 199 e 499
dólares, esgotáronse
en apenas unha hora.
- Imaxe da edición de 2013 do torneo internacional de Dota 2