O torneo de videoxogos de Nadal do Concello de Ourense celébrase este ano en liña
venres, 18 de decembro do 2020
A
Concellería de Xuventude de Ourense retomará este Nadal o seu
Torneo de Videoxogos (TMV), unha competición que este ano, por mor
da situación actual producida pola COVID-19, será en formato
virtual e online. Nesta convocatoria segura realizaranse dous
torneos fixos no catálogo de todos os xogadores, o FIFA 21 e
o Fortnite. Celebraranse dende o sábado 26 ao mércores 30 de
decembro en horario de 19.00 a 21.30 horas.
Os
torneos, dirixidos a mozos e mozas de 10 a 35 anos (ambos incluídos)
serán retransmitidos de maneira íntegra a través das canles de
Twitch e Youtube.
Segundo
informa o Concello, este programa municipal pretende instalar pautas
de ocio creativo que fomenten o desenvolvemento persoal a través do
xogo, pero tamén “fomentar as actividades de lecer positivo na
situación actual que estamos a vivir”.
As
inscricións xa se poden facer a través dun formulario en liña
habilitado na web municipal.
A
Concellería de Xuventude aposta pola organización dun evento con
estas características, “que non só suporá unha actividade de
lecer senón que tamén facilitará a participación de centos de
participantes de diferentes lugares”.