O smartphone máis delgado do mundo é dun fabricante chinés
martes, 23 de setembro do 2014
Os fabricantes chineses están a conseguir comercializar
smartphones cada vez máis potentes e con deseños máis atractivos, chegando
incluso a adiantarse aos seus competidores coreanos e occidentais, como parece
que está a conseguir Gionee co seu novo Elife S5.1,
teléfono móbil baseando en Android 4.3 (con capa gráfica Amigo2.0) que presume
de Record Guinness polo seu grosor de só 5,15 miÃmetros.
Pero este smartphone LTE non queda aÃ, senón que tamén conta cunhas prestacións
máis que aceptables, cunha pantalla Super AMOLED de 4,8 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 400 de catro
núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e
5 MpÃxeles, Bluetooth 4.0, baterÃa de 2.100 mAh, un peso de 100 gramos e un
prezo de só 1.999 iuans (252,61 euros).
- O grosor dun smartphone é bastante importante para o seu uso diario