O reprodutor de alta definición de Popcorn Hour renóvase

luns, 4 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O reprodutor Popcorn Hour A-100 que facilitaba o acceso a contidos de alta definición dende o salón da casa renóvase, e o seu fabricante xa acepta reservas para o seu seguinte modelo, o A-110, que como principal mellora engade soporte para discos SATA e HDMI 1.3a (mellorando a reprodución de son a través de conectores de alta definición).
O vello modelo se vende en España a partir de 199 euros, e a nova versión se venderá nos EE.UU. por 215 dólares (polo que é de agardar que o seu prezo tamén sexa duns 215 euros dentro das nosas fronteiras) e resulta un dispositivo sumamente atractivo para os usuarios que descargan contidos de alta definición da Internet, pois a meirande parte dos reprodutores actuais non soportan os contedores máis utilizados para estes formatos (coma o Matroshka) polo que estas descargas se limitan normalmente á súa reprodución no ordenador.

PUBLICIDADE