O recoñecemento de pegadas dixitais chega ós automóbiles

martes, 28 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Nas sobremesas televisivas dos anos 80 podiamos ver cómo o Coche Fantástico non se abría para ninguén agás o seu dono, porque recoñecía as súas pegadas dixitais, e esa tecnoloxía deixou de ser ficción científica, estando xa ó alcance de moitos vehículos con dispositivos coma o ATRD M10, un lector de pegadas que se pode integrar con sistemas de alarma, inmobilización ou acendido de case calquera coche.
Esta solución pode empregarse en combinación coa chave do automóbil, de xeito que só unha persoa autorizada (rexistrando ata 10 usuarios) podería acendelo, mellorando a seguridade do vehículo, podendo activar a alarma no caso dun acceso non autorizado.

PUBLICIDADE