O programa Vives Emprego do Concello de Teo, en liña

mércores, 20 de xaneiro do 2021 Redacción

O Concello de Teo, a través do Departamento de Benestar, abriu a inscrición dunha nova edición do programa Vives Emprega, iniciativa que por mor das circunstancias da crise sanitaria realizarase finalmente online. O Vives Emprega é unha contribución para apoiar a busca de traballo de persoas en desemprego ou en situación de precariedade laboral. Ao seu abeiro, farán avanzar os seus currículos e competencias e traballarán os seus coñecementos en comunicación, tecnoloxías e xestión.
Entre os contidos e recursos que se van achegar ás persoas participantes está o saber preparar un bo currículo ou como facer unha boa entrevista, centrándose boa parte do programa en axudar a cada quen a atopar as súas máis destacadas potencialidades.
O programa realízase en colaboración con Acción contra el Hambre e dende a dirección do mesmo destacan que ao ter que traballar en liña as persoas que desexen participar deben ter unhas competencias dixitais mínimas para poder aproveitar a formación.
As persoas interesadas en participar poden escribir a veiras@accioncontraelhambre.org ou chamar ao teléfono: 629.563.058 onde os atenderá Victoria Calvo, que dirixe as sesións.

PUBLICIDADE