O programa D’Tec busca espertar vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade

venres, 15 de novembro do 2019 Redacción

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe ao espectáculo O futuro é hoxe, enmarcado na iniciativa Deseño, Ciencia e Tecnoloxía para a xuventude (D’Tec) que se celebra no CIS Galicia co obxectivo de espertar vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Conde puxo en valor a dedicación e o traballo en equipo como as claves dos grandes avances científicos e animou aos asistentes a descubrir a súa vocación STEM a través dos espectáculos e obradoiros que esta iniciativa desenvolve até o mes de decembro.

PUBLICIDADE