O primeiro smartphone con Ubuntu será dun fabricante español
venres, 6 de febreiro do 2015
Dende
Ubuntu levan un tempo traballando en incorporar unha versión da súa
distribución de Linux en smartphones, como unha alternativa a Android que podería
ofrecer unha experiencia moi diferente ao que estamos afeitos, e que por fin
poderemos ver nun terminal comercial e incluso asumible, xa que Canonical
decidiu confiar na compañía española Bq para lanzar o primeiro smartphone con
Ubuntu, que vén a ser unha edición do popular Bq Aquaris E4.5 que venderase
a 169.90 euros e que incluso vai estar dispoñible a través de operadores
telefónicos (no caso español, aparte da compra libre, o smartphone poderá
mercarse a través de Amena).
O Aquaris E4.5 Ubuntu Edition ten unha pantalla de 4,5 polgadas (cunha
resolución de 960 x 540 píxeles), procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3
GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles e
dobre SIM, ou sexa, un produto ao que nos ten afeitos Bq, e que inicialmente só
se venderá en Europa, e que parece unha saída desesperada tras a imposibilidade de
conseguir financiamento para o smartphone Ubuntu Edge, que perseguía a
estrea de Ubuntu nos móbiles cun terminal de alta gama, o que parece un
compromiso demasiado elevado para un sistema operativo cun futuro máis que
discutible.
Vídeo de presentación do smartphone con Ubuntu