O primeiro reprodutor Blu-ray 4K con Dolby Vision HDR é de Oppo

xoves, 8 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Aínda que o mercado non cesa de tentar establecer novos formatos audiovisuais o número de dispositivos compatibles cos novos estándares continúa a ser moi reducido e, de feito, o primeiro reprodutor de Blu-ray en ultra alta definición con soporte de Dolby Vision HDR non chegou até agora, e dun fabricante bastante inesperado: Oppo.
O fabricante chinés coñecido principalmente polos seus smartphones, conseguiu que os seus reprodutores de Blu-ray 4K UPD-203/205 fosen os primeiros en poder reproducir contidos en Dolb Vision HDR (un dos formatos de HDR de maior calidade na actualidade) grazas á súa última actualización de firmware, aínda que é preciso contar tamén cun televisor compatible con Dolby Vision para poder gozar dos contidos en ultra alta definición con HDR baixo este formato.
Esta mesma semana saíron á venda nos EE.UU. as dúas primeiras entregas de Gru, mi villano favorito en formato Blu-ray 4K con Dolby Vision, esperándose que en breve cheguen tamén nese formato as películas de Power Rangers e Fast & Furious 8.

PUBLICIDADE