O parque empresarial de Palas de Rei estrea accesos á Rede de até 350 Mbps
mércores, 24 de outubro do 2018
A Xunta de Galicia e o operador R poñen
en servizo o acceso a redes ultrarrápidas de ata 350 Mbps de velocidade no
parque empresarial de Palas de Rei dende esta mesma semana, tal e como
explicaron hoxe aos empresarios beneficiados o delegado territorial da Xunta en
Lugo, José Manuel Balseiro, e responsables da AMTEGA e o operador R nunha
xuntanza na que tamén participou o alcalde, Pablo Taboada.
Balseiro avanzou que está previsto que o servizo chegue tamén
este mes a Monterroso e Guitiriz, sumando en total 14 polÃgonos, asegurando que
o Plan de Banda Larga «permitirá que a final de ano o 85% da superficie
empresarial ocupada da provincia conte con este tipo de cobertura». Tamén subliñou
que o Goberno galego «pon á disposición das empresas chan industrial con
modernas dotacións e servizos para incrementar a súa competitividade, incluÃdas
as infraestruturas dixitais, que son hoxe en dÃa ferramentas indispensables
para o desenvolvemento de calquera proxecto empresarial».
As empresas dos polÃgonos beneficiados desta medida do Plan
poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas
velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantÃa de
caudal do 80% sen lÃmite de descargas.
A Xunta subvenciona a través da AMTEGA estes despregamentos
cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de 5,2
millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo
AgrÃcola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento
rural de Galicia 2014-2020 (PDR).