O novo tablet de bq integra teléfono e GPS

luns, 14 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Os tabletófonos son unha tendencia que parece imparable, de aí que non sorprenda moito o paso que vén de tomar o fabricante español bq co seu novo tablet, pois o bq Elcano permite a introdución dunha tarxeta SIM no seu interior e, en vez de limitar o seu uso para acceder á banda larga móbil, tamén permite a realización de chamadas telefónicas, polo que sería un tablet-teléfono cunha pantalla de 7 polgadas por un prezo de 199,99 euros.
O bq Elcano funciona cun procesador Cortex A9 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD) e Android 4.0, a súa pantalla IPS de 7 polgadas ten unha resolución de 1.280 x 800 píxeles, ten conectividade Wi-Fi N, USB 2.0, Bluetooth 4.0 e 3G, GPS e unha batería de 4.300 mAh, así como cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, polo que estamos ante un tablet de gama media-baixa que contribúe a difuminar a barreira que separa o smartphone do tablet.

PUBLICIDADE