O novo smartpen de Livescribe permite rexistrar até 800 horas de apuntes
xoves, 30 de xullo do 2015
A xente que aÃnda toma apuntes a man conta dende hai tempo
cunha ferramenta de grande utilidade como son os bolÃgrafos conectados de
Livescribe, que rexistran o que escribimos e debuxamos, para despois poder
gardalo en formato dixital, incluÃndo tamén unha gravación sonora para que ao
repasar os apuntes poidamos recuperar algunha frase que non nos dese tempo a
escribir en vivo. Esta experiencia definida como pencast pode agora mellorarse co novo Echo
smartpen Pro Edition, versión renovada destes bolÃgrafos dixitalizadores
que inclúe 8 GB de capacidade de almacenamento, de xeito que permitirÃa
gravar até 800 horas que logo poderiamos sincronizar co nosos PC ou Mac.
Coa nova versión do software informático que acompaña a este smartpen será posible que poidamos
escoitar un momento determinado dunha clase ou conferencia con só premer sobre
a parte do papel na que esteamos interesados, xa que o texto e o audio están
sincronizados, o que convértese nun xeito moi atractivo de repasar os nosos
apuntes á hora de completalos ou pasalos a limpo.
Cómpre lembrar que esta tecnoloxÃa precisa para funcionar un papel pautado
especial, do que inclúe 100 follas coa súa compra.