O novo router OnHub de Google sorprende cun sensor de proximidade
mércores, 28 de outubro do 2015
En agosto Google
presentou o seu router OnHub, unha solución para ter unha conexión Wi-Fi de
calidade no fogar, baseándose en tecnoloxÃa de TP-LINK, e que terÃa un prezo de
199,99 dólares; e agora amplÃan
esta liña de produtos co ASUS OnHub, un router que vai na mesma liña, pero
de distinto fabricante, elevando o seu
prezo até os 219,99 dólares, pero que destaca por contar cun sensor de
proximidade, o que permitirÃa que potenciásemos a velocidade da Wi-Fi para un
dispositivo determinado movendo a man sobre o ASUS OnHub.
Este novo router pode configurarse de xeito doado dende a aplicación móbil de
Google, integra numerosas antenas xestionadas mediante un algoritmo intelixente que facilita que teñamos a
mellor conexións Wi-Fi posible, aproveitando ao máximo as frecuencias menos
saturadas e empregando as antenas máis axeitadas para cada dispositivo.
O ASUS OnHub inclúe conectores Gigabit Ethernet (1 LAN e outro WAN), integra 6
antenas para a banda dos 2,4 GHz, outras 6 antenas para a banda dos 5 GHz, funciona
cun procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, 1 GB de RAM e 4 GB de almacenamento
interno e incluso conta con tecnoloxÃa de seguridade avanzada, para que non só
teñamos unha conexión rápida, senón que tamén poidamos confiar en que a nosa
rede este libre de intrusos (o que será posible en boa medida pola polÃtica de
actualizacións frecuentes desta plataforma).
Polo momento os routers OnHub non están dispoñibles oficialmente dende España.