O novo iPad Pro poderÃa incorporar Face ID e dicir adeus ao conector de auriculares
martes, 4 de setembro do 2018
A
presentación de Apple do vindeiro dÃa 12 parece que non vai librarse das
habituais filtracións, e tras divulgarse imaxes
promocionais do que serÃan os dous tamaños do iPhone XS e do novo deseño do
Apple Watch, chega agora información sobre
o iPad Pro de 12,9 polgadas, acompañada por imaxes non oficiais que
procuran reproducir o que se coñece das futuras tabletas de Apple.
Lembremos que o iPad Pro comercialÃzase actualmente con pantallas de tamaños de
10,5 e 12,9 polgadas, e serÃa a versión máis grande da que estarÃan a adiantar detalles
como que contarÃa con marcos reducidos que suporÃan a eliminación do botón de
inicio, pero que serÃan dabondo para albergar os sensores de identificación
facial para non ter que incluÃr unha pestana
superior como aconteceu co iPhone X. Outro detalle que pode percibirse nas
imaxes e a ausencia dun conector para auriculares e a presenza de 4
altofalantes (un en cada esquina da tableta), cun botón de acendido na esquina
superior dereita.
Teriamos un dispositivo de 280,6 x 215 x 5,85 milÃmetros, ou sexa, que mantendo
o mesmo tamaño de pantalla que o modelo anterior, reducirÃa a súa altura 2,51
centÃmetros e a súa anchura 0,51 centÃmetros, o que supón unha significativa
redución de marcos.
Comentan que a pantalla do iPad Pro non darÃa o salto á tecnoloxÃa OLED, senón
que conformarÃase cun panel IPS True Tone con velocidade de refresco variable.
Tamén esperan que funcione cun procesador A12X, 4 GB de RAM e até 512 GB de
almacenamento interno.
En definitiva, que é moi probable que teñamos unha evolución do iPad Pro na que
basicamente reducen os marcos e incorporan Face ID, xunto coas habituais
actualizacións de hardware de cada nova iteración.